8/2/10
Libros lidos
J. D. Salinger In memoriam, escritor 1919-2010
Coa publicación desta novela Salinger acadou unha enorme popularidade que non semellou compracerlle moito porque decidiu apartarse do mundo, protexendo ata tal punto a súa intimidade que apenas se conservan fotos del. De feito só concedeu unha entrevista na súa vida (ao xornal The New York Times) e foi para defender a súa intimidade. Nesta afirmou: “Hai unha paz marabillosa en non publicar. É pacífico. Tranquilo. Publicar é unha terrible invasión da miña vida privada. Gústame escribir. Amo escribir. Pero escribo só para min mesmo e para o meu propio placer.”.
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=511070
O pasado 27 de xaneiro finou aos 91 anos J.D.Salinger en New Hampshire (USA). Finou un home de “talento infinito” (segundo Ernest Hemingway). Finou un home que tentou por riba de todo defender a súa intimidade.
Sit tibi terra levis J.D.Salinger.
http://es.wikipedia.org/wiki/Locuciones_latinas
8/6/09
Dahl e Admunsen: dous homes chamados Roald

Roald Admunsen foi un famoso explorador noruegués que dirixiu a expedición que chegou por primeira vez ao Polo Sur. En 1928 pereceu nun accidente aéreo, cando tentaba atopar ao explorador italiano Umberto Nobile que se perdera no Ártico. Once anos (case doce) antes, unha familia norueguesa residente en Gales decidiu chamarlle Roald ao seu fillo na súa honra. E... si, este Roald nacido en Galés, piloto de aviación na Royal Air Force na Segunda Guerra Mundial e escritor é o famoso autor de Danny, o campión do mundo. E tamén é o mociño que soñaba no internado no que estudaba con inventar unha barra de chocolate...
Aquí tedes dous enlaces interesantes sobre o autor:
http://www.roalddahl.com/http://www.iesxunqueira1.com/dahl/
Este é un podcast sobre unha expedición que tentaba atopar os restos do hidroavión de Roald Admunsen
