8/2/10

J. D. Salinger In memoriam, escritor 1919-2010

En 1951 J. D. Salinger publicou O vixía no centeo (The catcher in the rye). Nesta novela, que non tardaría moito en converterse nun símbolo da rebeldía xuvenil, cóntanos a historia de Holden Cauldfield que coñecedor de que vai ser expulsado do colexio decide deixar este antes, dirixídonse a Nova York por onde deambula durante tres días mentres se vai afundindo na depresión. Nunhas poucas horas o sensible e inestable Holden enfrontarase aos problemas que trae o medrar e o impulso de fuxir do mundo que lle agarda ao ser adulto.

Coa publicación desta novela Salinger acadou unha enorme popularidade que non semellou compracerlle moito porque decidiu apartarse do mundo, protexendo ata tal punto a súa intimidade que apenas se conservan fotos del. De feito só concedeu unha entrevista na súa vida (ao xornal The New York Times) e foi para defender a súa intimidade. Nesta afirmou: “Hai unha paz marabillosa en non publicar. É pacífico. Tranquilo. Publicar é unha terrible invasión da miña vida privada. Gústame escribir. Amo escribir. Pero escribo só para min mesmo e para o meu propio placer.”.

http://www.elpais.com/articulo/cultura/Muere/J/D/Salinger/autor/guardian/centeno/elpepucul/20100128elpepucul_5/Tes

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=511070

O pasado 27 de xaneiro finou aos 91 anos J.D.Salinger en New Hampshire (USA). Finou un home de “talento infinito” (segundo Ernest Hemingway). Finou un home que tentou por riba de todo defender a súa intimidade.

Sit tibi terra levis J.D.Salinger.

http://es.wikipedia.org/wiki/Locuciones_latinas


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.