12/3/10

Miguel Delibes


Daniel el Mochuelo, Roque el Moñigo, Juan Gualberto el Barbas, Nini o cazador de ratas, Lorenzo o emigrante, o Tío Ratero... Hoxe, todos eles están un pouco orfos porque vén de finar o seu autor, Miguel Delibes, no seu Valladolid natal á idade de oitenta e nove anos.

Nós lembrarémolo cando abramos as páxinas das súas novelas (El camino, Cinco horas con Mario, El hereje) e admiraremos unha vez máis a profundidade coa que retratou aos seus personaxes, o seu achegamento aos máis humildes, o seu prodixioso dominio do castelán, a súa capacidade para plasmar os diferentes niveis e rexistros lingüísticos (a fala campesiña, a lingua coloquial, a linguaxe infantil)...

E quen isto escribe, envexará un pouquiño a aquel afortunado ou afortunada que abra por primeira vez El camino e poida sentir con Daniel el Mochuelo “un indefinible desasosiego cósmico” ao contemplar a bóveda do firmamento ou a quen lea as lúcidas palabras do discurso de ingreso na RAE do valisoletano (pronunciado no ano 1975 e editado posteriormente co título de Un mundo que agoniza):

He aquí mi credo, y, por hacerlo comprender, vengo luchando desde hace muchos años. Pero, a la vista de estos postulados, ¿es serio afirmar que la actual orientación del progreso es la congruente. Si progresar, de acuerdo con el diccionario, es hacer adelantamientos en una materia, lo procedente es analizar si estos adelantamientos en una materia implican un retroceso en otras y valorar en qué medida lo que se avanza justifica lo que se sacrifica”.

(...) Todo cuanto sea conservar el medio es progresar; todo lo que signifique alterarlo esencialmente, es retroceder.

Sic tibi terra levis

http://www.catedramdelibes.com/

http://www.elpais.com/videos/cultura/Obituario/Miguel/Delibes/elpepucul/20100312elpepucul_1/Ves/

Segundo período de lectura

Xa estamos inmersos nas novas lecturas... No 1º ciclo están lendo os seguintes libros:Danny, campión do mundo (Roald Dahl), El niño con el pijama a rayas (John Boyne), A lenda de Sleepy Hollow (Washington Irving), Fenris el elfo (Laura Gallego) e Diario de Greg. Un pringao total (Jeff Kinney). Os do 2º ciclo dedícanlle o seu tempo a: Jugar con fuego (Henning Mankell), La clave secreta del universo (Stephen & Lucy Hawking) e Rebeldes (Susan Hinton).

Felices lecturas.