8/2/10

Libros lidos

O mércores 20 de xaneiro tivo lugar a primeira reunión colectiva dos grupos de alumnos/as do 1º ciclo que expuxeron as súas opinións sobre os seguintes libros: Trece anos de Branca (Agustín Fernńadez Paz), Relatos de fantasmas ( Steven Zorn), La prisionera del mago (Michell Girin), La hija del Ganges (Aisha Miró) e Los caminos del miedo (Joan Manuel Gisbert). O luns 25 foron os alumnos do 2º ciclo os que se reuniron para falar de La sombra del viento (Carlos Ruíz Zafón), La soledad de los números primos (Paolo Giordano) e Irmán do vento (Manuel Lourenzo). Agora iniciamos xa as lecturas do segundo período de lectura, aínda que algúns dos grupos están pendentes de elixir o libro. Cal será? Esperamos sabelo dentro de pouco.

J. D. Salinger In memoriam, escritor 1919-2010

En 1951 J. D. Salinger publicou O vixía no centeo (The catcher in the rye). Nesta novela, que non tardaría moito en converterse nun símbolo da rebeldía xuvenil, cóntanos a historia de Holden Cauldfield que coñecedor de que vai ser expulsado do colexio decide deixar este antes, dirixídonse a Nova York por onde deambula durante tres días mentres se vai afundindo na depresión. Nunhas poucas horas o sensible e inestable Holden enfrontarase aos problemas que trae o medrar e o impulso de fuxir do mundo que lle agarda ao ser adulto.

Coa publicación desta novela Salinger acadou unha enorme popularidade que non semellou compracerlle moito porque decidiu apartarse do mundo, protexendo ata tal punto a súa intimidade que apenas se conservan fotos del. De feito só concedeu unha entrevista na súa vida (ao xornal The New York Times) e foi para defender a súa intimidade. Nesta afirmou: “Hai unha paz marabillosa en non publicar. É pacífico. Tranquilo. Publicar é unha terrible invasión da miña vida privada. Gústame escribir. Amo escribir. Pero escribo só para min mesmo e para o meu propio placer.”.

http://www.elpais.com/articulo/cultura/Muere/J/D/Salinger/autor/guardian/centeno/elpepucul/20100128elpepucul_5/Tes

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=511070

O pasado 27 de xaneiro finou aos 91 anos J.D.Salinger en New Hampshire (USA). Finou un home de “talento infinito” (segundo Ernest Hemingway). Finou un home que tentou por riba de todo defender a súa intimidade.

Sit tibi terra levis J.D.Salinger.

http://es.wikipedia.org/wiki/Locuciones_latinas