5/5/11

Rematando un período lector

Tiñamos este blog un pouco esquecido, aínda que comezamos as lecturas no club xa vai para uns cantos mesiños... Aproveitamos esta nova entrada para lembrarvos que as reunións colectivas dos grupos do club terán lugar o xoves e o venres desta semana. Así que, o xoves xuntaranse os grupos do 1º ciclo e o venres os do 2º; aínda que por suposto todo o alumnado, pertenza ou non ao club de lectura, pode acudir a estas.
No 1º ciclo, como xa sabedes, os libros lidos foron: La maldición del maestro de Laura Gallego , Reckless. Corazón de pedra de Cornelia Funke e Da terra á lúa e Miguel Strogoff de Jules Verne. Os grupos do 2º ciclo leron: Geografía mágica de Ana Cristina Herreros; De profundis, A mansión dos Pampín de Miguelanxo Prado e Os lobos de Moeche de Manuel Cráneo; Delicioso suicidio en grupo de Arto Paasilina e Picnic en Hanging Rock de Joan Lindsey.

1 comentario:

  1. Animo a todo o que queira pasar un bo anaco lendo un cómic, a que opte por "DE PROFUNDIS" de Miguelanxo Prado. É unha obra de arte!!
    Saúdos a todos.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.