5/12/12

Temos outro blog

Aquí atoparás un novo blog do club Sansaliber. Felices lecturas.

16/3/12

Obradoiro de historia do libro


Os membros do diversos grupos do club de lectura participaron, durante os tres últimos xoves de febreiro, nun obradoiro sobre a historia do libro impartido pola bibliotecaria municipal. Dende aquí querémoslle dar as grazas por contar con nós para esta interesante actividade.

27/5/11

Visita de Eduardo Estevez

Os alumnos membros do club de lectura acudiron o día 24 de maio a un coloquio de Eduardo Estevez titulado “Literatura na rede”. Esta actividade, que foi organizada pola Axencia Municipal de Lectura de San Sadurniño, amosounos as novas formas de creación literaria asociadas ás novas tecnoloxías: blogues literarios, micropoemas en rede, literatura colaborativa...

25/5/11

Letras Galegas 2011: Lois Pereiro

Lois Pereiro nace en Monforte de Lemos no ano 1958 e finou na Coruña en 1996. Escribiu unha poesía radicalmente intimista e humana, na que a influencia do poesía simbolista e o punk se mesturan.

e estou vivindo un soño repetido

nas noites dos que me seguen querendo

LOIS PEREIRO

Para saber máis sobre Lois Pereiro:

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/385

http://es.wikipedia.org/wiki/Lois_Pereiro

http://www.coordinadoraendl.org/letras2011/index.php?pax=inic

http://www.realacademiagalega.org/letters/ViewHonoredFigure.do

5/5/11

Ernesto Sabato. In memoriam.

O pasado 30 de abril faleceu aos 99 anos o escritor, ensaísta, físico e pintor arxentino Ernesto Sabato , un dos grandes escritores nacidos no século XX.

Estudou Física e Matemáticas na Universidade de La Plata, doutorándose en 1938. Neste ano viaxou a Paris (onde entrou en contacto co surrealismo) para traballar nos laboratorios Joliot-Curie. En 1943, xa de volta na Arxentina decidiu abandonar a ciencia para dedicarse á literatura e a pintura

Escribiu diversos ensaios (El escritor y sus fantasmas, 1963; Apologías y rechazos, 1979, etc.) e tres novelas: El túnel (1948), Sobre héroes y tumbas (1961) e Abbadón el exterminador (1974).

O poeta inglés T.S. Elliot escribu nun fermoso poema que “abril é o mes máis cruel”... Este abril levounos a Sabato, pouco antes de cumprir os cen anos.

Sic tibi terra levis

Se queres escoitar e ver a Sabato aquí atoparás unha entrevista con el.

Rematando un período lector

Tiñamos este blog un pouco esquecido, aínda que comezamos as lecturas no club xa vai para uns cantos mesiños... Aproveitamos esta nova entrada para lembrarvos que as reunións colectivas dos grupos do club terán lugar o xoves e o venres desta semana. Así que, o xoves xuntaranse os grupos do 1º ciclo e o venres os do 2º; aínda que por suposto todo o alumnado, pertenza ou non ao club de lectura, pode acudir a estas.
No 1º ciclo, como xa sabedes, os libros lidos foron: La maldición del maestro de Laura Gallego , Reckless. Corazón de pedra de Cornelia Funke e Da terra á lúa e Miguel Strogoff de Jules Verne. Os grupos do 2º ciclo leron: Geografía mágica de Ana Cristina Herreros; De profundis, A mansión dos Pampín de Miguelanxo Prado e Os lobos de Moeche de Manuel Cráneo; Delicioso suicidio en grupo de Arto Paasilina e Picnic en Hanging Rock de Joan Lindsey.

25/6/10

Lecturas para o verán


O club de lectura Sansaliber elaborou unha guía de lectura con algúns dos libros que se leron neste durante o curso para aqueles que desexen ter un verán con lecturas. Felices vacacións.